O pasado domingo 6 de Abril no entorno do Encoro
de Belesar, rodamos a escena que representa o día que mataron a José Castro
Veiga “Piloto”, para o documental que en principio se vai chamar “Piloto,
guerrilleiro á forza”, título que inda non é definitivo.
Grazas ó equipo que estaba formado por Alfonso
Eiré, que é o guionista, Jaime Pardo que
se encargou da cámara, Bego Pérez que
fixo de axudante de cámara e de script, Begoña Souto, María Nogueira e Luis Figueiras fixeron o making-off, Luis
ademais tamén fixo de garda civil.
E grazas sobre todo a Moncho Rodriguez Porto,
por facer o papel do protagonista, porque aparte do parecido físico que ten con
el, e un excelente actor.
Grazas a todos foi un verdadeiro dia de cine.
Fotos da rodaxe:
No hay comentarios:
Publicar un comentario