Video-documental
Duración: 50
minutos
Guión e dirección: Xosé Reigosa
Sinopse: As minas de Villaodrid (Hoxe A Pontenova) comezan a ser
explotadas no ano 1901. No ano 1903 inaugúraseun ferrocarril entre Villaodrid e
Ribadeo para transportar o mineral de ferro que se extraía nas minas e a través
do cargadeiro que se monta en Ribadeo, poder cargalo nos barcos que o
levarían a varios puntos de Europa.
No ano 1905 o tren habilítase tamén para viaxeiros e mercadorías. Ó longo
de 34 Kilómetros, 4 estacións, 2 apeadeiros, 5 pontes e 13 túneles, o tren
fixo de medio de comunicacións, nunha zona donde ata entón soio era posible
viaxar en cabalo, carro ou en barca polo rio Eo. (A estrada Lugo Vegadeo non se
inaugura ata 1922). Polo que nos podemos facer unha idea da importanciaque tivo
a existencia deste tren para a Comarca.
O ducumental conta esta historia a través de 21 persoeiros que dalgún xeito
viviron esa etapa.
Nos derradeiros tempos do tren e debido ó seu progresivo deterioro, era
coñecido popularmente como A Chocolateira. Este calificativo era más da zona de
Ribadeo, xa que pola zona de San Tirso e A Pontenova, non lles facia gracia,
debido a que para eles o tren trouxo riqueza á zona e recórdano con moito
cariño. Grazas a él montáronse industrias e comercios e significou a
posibilidade de viaxar dun xeito cómodo.
No ano 1964 deixa de funcionar ante a competencia do transporte por
estrada.
Hoxe soio quedan vestixios de esa via de comunicación, xa que parte do
traxecto foi ocupado pola actual estrada que une Lugo,Vegadeo e Ribadeo. Dous
túneles están derruidos e das cinco pontes soio queda una enteira que é a Ponte
de Rego da Viña, unha preciosa ponte que si non a cuidan tamén acabará caendo.
Para facer este documental visitei todos os vestixios que quedan, algúns
dos que chegar a eles resulta bastante complicado eentrei nos once túneles que
quedan en pé.
Entre A Pontenova e San Tirso, o recorrido transformouse en vía verde pola
que se pode camiñar ou ir en bici con toda comodidade. Seria moi desexabe que
no resto do recorrido se foran habilitando máis traxectos que ademáis de dar
vida á zona contribuirían á conservación do patrimonio que queda.
Emplazamos poís desde aquí os alcaldes dos concellos polos que pasaba a vía
(A Pontenova, San Tirso, Trabada e Ribadeo para que sigan a traballar no
proxecto.
Aqui vai o "trailer" do documental:
Ver documental
--------------------
---------------------------
Fotografías antigas do Ferrocarril Villaodrid-Ribadeo
--------------------
---------------------------
Fotografías antigas do Ferrocarril Villaodrid-Ribadeo
Hola: estoy interesado en el documental, ¿hay manera de conseguirlo?.
ResponderEliminarSaludos,
Carlos
Me sumo al ruego de Carlos, a mí también me gustaría poder verlo!
ResponderEliminar