miércoles, 20 de enero de 2016

REFLEXIÓNS EN TORNO A FOTOGRAFIA A CEGAS

 .

                           
                                        Obradoiro no Museo do Mar 
 

No ano 2012 a Rede Museística do Museo de Lugo, por iniciativa  da sua xerente Encarna Lago, puxo en marcha un proxecto denominado  “Fotografía a cegas”,  no que, xunto con Iago Eireos, Germán Limeres e Toño de López tiven a sorte  de participar como monitor. Henrique Lamas foi o encargado de documentar en vídeo esta actividade. A finais do pasado ano 2015 celebramos a terceira edición.

Os resultados dos dous primeiros anos de esta iniciativa puideron verse nas conseguintes exposicións e no catálogo editado en 2013. Os de este 2015 veranse a través da exposición que se montará a finais de ano e do conseguinte catálogo.

Facemos fotografías por varios motivos, un deles e o de ter un recordo do momento. Pero quizás o máis  importantes sexa o de compartir as imaxes; en tempos a través do álbum familiar e hoxe en dia a través principalmente das redes sociais.

Ou sexa que facemos fotografías en parte para nos, pero nunha gran parte tamén para os demais, Logo entón unha persoa cega ten os mesmos motivos para tomar fotografías que calquera outra persoa con visión normal. Que el non as pode ver? Ben, sempre haberá alguén que lle “lea” esas imaxes.

A experiencia tanto para min como, -digoo con total seguridade-­ para o resto dos compañeiros foi fantástica. Podemos asegurar que aprendimos a ver o mundo con outros ollos. En principio, como forma de adaptarnos a esta nova situación, os catro ensinantes participamos nun taller que nos impartiu a terapeuta especialista en arte-terapia Mercedes Cabada, onde por unha xornada puidemos sentir en certo modo da mesma maneira que sinte  unha persoa cega.

Si ensinar fotografía supón basicamente ensinar a ver. Como se pode ensinar fotografía a unha persoa cega?
Para unha persoa privada dunha visión normal, a percepción do entorno ten que chegar a través dos outros sentidos. A dirección da fonte luminoso pode distinguila polo calor que emite a fonte. O tacto evidentemente elle de gran axuda. O oído e fundamental para saber o que está a ocorrer no seu arredor. O cheiro, ese sentido que cada vez utilizamos menos, pode tamén ser de gran axuda. Toda esa información que as persoas que temos a facultade de ver non percibimos ou non lle damos importancia porque nos abonda cos ollos, e para un cego fundamental.  Precisamente en relación co oído  Bresson dicía que o oído vai máis cara o interior, namentres que o ollo vai máis cara o exterior.

E certo que hai uns anos era moito máis dificultoso que unha persoa cega puidese facer fotografía. As cámaras non estaban preparadas para elo –hoxe seguen sen estalo a excepción dos móbiles-, pero grazas os automatismos cos que contan e posible facer unha fotografía sen ter que medir a luz ou enfocar, nin tocar o resto dos parámetros da cámara. Isto por un lado limita as posibilidades creativas pero por outro amplíaas infinitamente.

Imaxinar significa construír, facer unha imaxe. Cando imos tomar unha fotografía, con máis ou menos coidado, previamente visualizamos esa imaxe –imaxinamos-, en función dos nosos coñecementos e da nosa cultura, e posteriormente prememos o disparador. E dicir que a cámara o que fai e fixar aquilo que nos previamente creamos na nosa mente. Por iso segundo o teórico da fotografía Willem Fusser, a fotografía e un acto de futuro, porque realmente estamos creando algo que en un futuro, ou sexa cando premamos o disparador, farase visible.

Pero como imaxina un cego esa fotografía? Hai dous tipos de persoas cegas: os que o son de nacemento e os que quedaron posteriormente sen visión. A un cego de nacemento supoño que lle será moi difícil imaxinar o mundo que o rodea, polo que terá que crearse un mundo totalmente propio e inventado por el. Para unha persoa que con posterioridade quedou cega, pode ocorrer que teña máis o menos recordos “imaxes”, dependendo a que idade se quedase sen visión. Pero hai una terceira categoría e son as persoas cegas que conservan un resto de visión. Esas téñeno máis doado porque, inda con dificultades, poden “imaxinar” dun xeito máis real o mundo que os rodea.

En resumo esta iniciativa supón a entrada nun mundo novo, o da fotografía, para moitas persoas que posiblemente nunca pensaron que podían acceder a el.



No hay comentarios:

Publicar un comentario