Formato: Documental
Duración: 78 minutos.
Guión e documentación: Alfonso Eiré
Dirección e realización: Xosé Reigosa
Memoria histórica
O diario El Progreso contábao así: “Sobre la 11:30 horas del día de ayer, al hacer frente a las fuerzas del
puesto de Chantada, al mando del teniente jefe de la linea de la Guardia Civil
de dicha residencia, don Alberto Díaz López, que le habían conminado a que se
entregara, ha resultado muerto en las inmediaciones de salto de Belesar el
tristemente célebre forajido José Castro Veiga, El Piloto, autor de numerosos
asesinatos y atracos a mano armada, reclamado por varios juzgados. Se le ha
ocupado una pistola ametralladora y otra calibre 9 milímetros largo y abundante
munición para las armas”
Ocorreu onde desauga o regueiro do Facheiro, preto da igrexa románica
de Pesqueiras.
Catro tiros de Mauser, disparados
desde máis de 100 metros, dous na cabeza e dous no peito, acabaron con coa súa
vida. Cóntase que primeiro lle dispararon e despois déronlle o alto. Se fose o
revés, segundo se contaba no pobo, non houberan podido acabar con el. O forense
certificou “morte por hemorraxia cerebral”.
José Castro Veiga, (o nome de
guerrilleiro era “Luis”) naceu en Pedrafita, O Corgo o 11 de Febreiro de 1915.
Loitou durante a Guerra Civil en defensa da República. Foi condenado a 30 anos,
dos que cumpre catro. Pasa á clandestinidade. No ano 1945 ven a Galiza, toma
contacto coa guerrilla antifranquista e bótase o monte.
Nos derradeiros tempos incluso o PCE
retiroulle o apoio quedando desde entón totalmente só.
“Foraxido” foi un dos adxectivos máis
suaves que lle foron dedicados.
A súa compañeira Ramona Curto “Mirelle” -falecida no ano 1991-, cando se botou o monte con él tiña 20 anos. Acompañouno durante
todo o tempo ate a súa morte. Despois seguiu agochada en casas de amigos, ata a
chegada da amnistía xeral.
Foi motivo de contos a carón da lume,
durante moitos anos na zona sur de Lugo, aínda que a súa fama se extendeu por
todo o noroeste peninsular.
Pero ¿que hai de certo, de mentira ou de fantasía en toda a súa historia?
“Era un “fuxido” que toureaba a
Guardia Civil, que se ría dela e sempre escapaba. Sabía que morreran O Recaré,
O Gazapo, O Largo, O Carolo, O Segura... Que tamén aparecían nos relatos. Pero
O Piloto aínda estaba presente, e non só nos contos. O Piloto non era un “fuxido” calquera. Era un xefe”,
segundo palabras de Alfonso Eiré.
O seu final foi un espectáculo. Hasta
houbo coches de liña gratis para ir a velo ó cemiterio de San Fiz, onde estivo
exposto o corpo do “guerrilleiro”, segundo relata Eire. Contábase incluso que o
partiran en cachos.
O
Documental
O Piloto foi moito máis que o último
guerrilleiro morto en combate. É unha lenda que, cincuenta anos despois da súa
morte está presente no pobo. É preciso desentrañar o que hai de verídico e o
que de construción social.
A súa fama, non ven por ser o último,
senón pola súa personalidade, pois, consérvanse panfletos e notas á Radio Pirenaica
dun ano antes da súa morte.
É preciso desentrañar tamén, as causas
do grande apoio popular que lle permitiron sobrevivir tantos anos, aínda
despois de perder todo o apoio político.
Este traballo desentraña todas estas
cuestións, revelando documentos até de agora inéditos, testemuñas directas que
nunca falaran e visións totalmente novidosas deste persoeiro.
O documental non só ten un interese
historicista, senón que aínda hoxe existe unha forte demanda popular en todo
Galiza sobre a loita antifranquista. Así que, este traballo insírese, claramente,
na recuperación da memoria histórica.
A maioría da biografía existente ou é
moi cativa ou non se adapta, plenamente, á realidade da personaxe e do seu
contesto social e político.
O Piloto nin foi un bandoleiro, nin
foi un escapado, nin andaba polo monte. Foi un político que, non tivo máis
remedio que coller as armas para defender a legalidade republicana, primeiro e,
logo aos máis necesitados, tratando de que os abusos e as inxustizas minguasen
ou non se levasen a cabo en moitos casos.
Máis de 100 horas de gravacións. Máis
de 30 testemuñas que conviviron con él entrevistadas. Relato dos protagonistas
da súa delación e das principais accións. Testemuñas dos seus compañeiros que
quedan aínda vivos.
Achegas dos principais historiadores
sobre a loita antifranquista. Recreacións dos principais feitos nas paisaxes
polas que se moveu.
O relato dunha vida, pero tamén dunha
lenda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario