sábado, 11 de enero de 2014

DOCUMENTAL SOBRE PILOTO




PILOTO, GUERRILLEIRO Á FORZA

Hoxe tivemos a  segunda xornada de rodaxe de entrevistas para o documental  sobre José Castro Veiga, alias Piloto, que foi o derradeiro guerrilleiro antifranquista abatido pola garda civil, preto do salto de Belesar.
Unha  parte esencial deste traballo, como é o guión é a documentación,  corre a cargo de Afonso Eiré, quen xa ten realizado varios traballos de investigación o respecto.
O próximo ano cómprese o 50 aniversario da morte de Piloto e contamos para entón poder estrear o documental, inda que temos por diante moitas xornadas de  traballo a realizar.
Na fotografía do encabezamento podemos ver parte da lápida da tumba onde está enterrado, no cemiterio de San Fiz.


Ver entrevista en Tele20 

El Progreso

La Voz de Galicia


1 comentario: