domingo, 9 de diciembre de 2012

A MURALLA COHABITADA



O próximo Xoves, 13 de Decembro, Santa Lucía para máis señas, na sala Galeria Sargadelos, Praza de Santo Domingo, Lugo, Xerardo Pardo de Vera, Felipe Arias Vilas e máis eu, presentaremos o libro "A MURALLA COHABITADA".
Esta publicación é o remate dun proxecto que comezou no ano 2010 con motivo da celebración do X aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade.
O 30 de Novembro de 2010 inauguramos unha exposición, da que foi comisaria Luz Darriba e que constaba de 39 fotografías de outros tantos persoeiros da cultura de Lugo. A día de hoxe 19 de esas fotografías seguen colgadas no Edificio Administrativo do Concello de Lugo.
O presente libro publicado coa colaboración da Area de Cultura da Deputación  e coa do Concello de Lugo,  consta de 50 fotografías, xa que unha vez finalizado o traballo da exposición,  continuei  co proxecto con vistas a súa publicación.
O libro xa se pode reservar nas librerías de Lugo ou poñéndose en contacto conmigo en este correo: josereigosa@josereigosa.com 
Tamén se poden ver algunhas das fotos na páxina: http://vimeo.com/17606217 ou en www.josereigosa.com
Espero que vos guste.
 
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario