viernes, 13 de enero de 2012

"ENTRE MARBELLA E TORREMOLINOS" Actividades

   Fotografía de Germán Limeres

O Dr. en Psiquiatría Gonzalo Paz Doel disertou onte dia 12 acerca de "Arte e psiquiatria", ante un público totalmente atento e entregado. Esta conferencia enmárcase dentro da axenda de actos a celebrar durante o tempo que permaneza aberta a  exposición "Entre Marbella e Torremolinos (imaxes de manicomio)"
Podes consultar o resto de actividades

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
 
Mércores 18 de xaneiro, ás 19:00 h.: Visita guiada

Xoves 19 de xaneiro, ás 20:00 h.: Manuel Fernández Prado, (Presidente de ALUME e Vicepresidente de FEAFES-Galicia)
Charla: "O movemento asociativo e a enfermidade mental en Lugo"

Xoves 26 de xaneiro, ás 20:00 h.: Película sobre tema psiquiátrico, en colaboración con Clube Cultural Valle-Inclán
(LT 22 Radio la Colifata)

Xoves 2 de febreiro, ás 20:00 h.: Dr. Luis Vila Pillado. Charla: “ A loucura no cine”

Sábado 4 de febreiro, de 12:00 a 14:00 h.: Obradoiro a cargo de Xosé Reigosa

Xoves 9 de febreiro, ás 20:00 h.: Dra. Ana López Crecente, Directora San Rafael. Charla: “O manicomio de Castro”

Xoves 16 de febreiro, ás 20:00 h.: Dr. Victor Rodríguez Perez. Charla: “A historia da psiquiatría”

Esta exposición e as actividades complementarias programadas non son máis que a chave de apertura dunha serie de propostas dun amplo proxecto artístico que pretende a apertura simbólica definitiva do espazo manicomio (encerro) ao espazo de creación (liberdade).

Colaboran : Alume e Clube Cultural Valle-Inclán

Máis información   aquí



____________________________________________

No hay comentarios:

Publicar un comentario