domingo, 7 de diciembre de 2014

O PILOTO

El Progreso







O PILOTO
                                                                                        

O PILOTO

Formato: Video documental
Duración aproximada: 90 minutos
Deseño cartelería: José L.López Piñeiro
Bada sonora: Arturo Vaquero 
 
Con guión de Alfonso Eiré,  a dirección de Xosé Reigosa  e despois de máis de un ano de traballo  e preto de 100 horas de rodaxe, estamos a punto de ver finalizado este documental.
O Piloto, guerrilleiro que loitou contra a ditadura franquista e en defensa da legalidade da República e que foi asasinado preto do salto de Belesar o 10 de Marzo de 1965, cando xa ían 26 anos desde que finalizara a guerra civil.
Dáse a circunstancia de que este ano 2015 cúmprese o 50 aniversario da súa morte.
A estrea será,  case con toda seguridade, o 19 de Febreiro do 2015 no auditorio do Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo.
O documental está baseado na testemuña de case 40 persoas   que dalgún xeito tiveron relación co Piloto. Entre eles  algúns historiadores que son autoridades no estudo da resistencia antifranquista en Galiza.
A través de esta páxina queremos tamén contactar con aquelas persoas que estean interesadas no tema e mesmo que poidan aportar información o respecto, especialmente si estiveran en posesión de fotografías relacionadas con este persoeiro ou o seu entorno.
Grazas anticipadas pola vosa atención.



O PERSOEIRO

Piloto e un persoeiro polémico. Cando comecei con esta historia, varias persoas me dixeron que realmente non se podía considerar un guerrilleiro xa que non fora máis que un simple bandoleiro.
Esta cualificación ten en principio un orixe moi claro que é a propaganda franquista, que se empeñou por tódolos medios en convencer ó pobo de que cando finalizou a guerra comezou un tempo de paz. Recoñecer a guerrilla era tanto como recoñecer que non había tal paz, polo tanto o máis sinxelo era considerar os guerrilleiros como simples bandoleiros.
Outro motivo para considerar a Piloto como bandoleiro é a súa persistencia no tempo. Si no ano 48 cando se decide disolver a guerrilla, -xa que non había ningunha posibilidade de derribar o réxime de Franco-, el houbese marchado para o estranxeiro como fixeron todo aqueles que puideron, a súa vida houbese sido moi diferente. Porque Piloto era un home intelixente e preparado, -segundo indican fontes que o trataron- e o seu nivel cultural estaba moi por encima da media de aquela época.
Pero decidiu quedarse e desde ese momento solo ten dúas saídas: Entregarse, o cal significaba a morte segura ou seguir escondido e sobrevivir a calquera prezo.
Sobrevivir en estas circunstancias supoñía depender dos amigos que lle quixeran axudar ou roubar o inimigos.
De tódolos xeitos durante estes anos de supervivencia el seguía a facer propaganda en nome da República e do Partido Comunista. En ese senso era un verdadeiro quixote.
Cando o mataron levaba encima dúas pistolas, una de elas ametralladora, e 150 balas.
Para el a guerra non había acabado.

Xosé Reigosa 

 VER TRAILER

No hay comentarios:

Publicar un comentario