ENTRE MARBELLA E TORREMOLINOS (fotos e documental)



Este traballo foi realizado ó longo do ano 2011, nos derradeiros tempos da existencia do Manicomio de Castro -foi pechado definitivamente en Febreiro do 2012-. O propósito do mesmo era recoller tanto os distintos aspectos da excelente arquitectura do edificio como retazos da vida que ali dentro existía. A pesar das condicións en que se atopababan estas instalacións, en ningún momento a intención do traballo foi o de denuncia; simplemente o de mostrar a beleza que pode existir en todas partes, tendo en conta que o concepto de beleza e totalmente subxetivo.
A exposición deste traballo que consta de 30 fotografias a tamaño 60x90 e un documental de 20 minutos, levouse a cabo na sala do Pazo de San Marcos sede da Deputación de Lugo,-quen patrocinou a mostra-, nos meses de Xaneiro e Febreiro do 2012 e estivo comisariada por Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial.

Visita virtual á exposición picando aqui 

Ver documental en YouTube
  



 



Entre marbella e Torremolinos…

…A distancia mídese en pasos
…Máis que un lugar é  un  estado
…Si tés dúbidas, pode que necesites ir
…Si cho recomenda un amigo, desconfía
…Ir é fácil, volver pode ser máis complicado
…Estás bastante máis preto del do que pensas
…Ainda que o pareza, non é un lugar de vacacións
…Estar dentro ou fora é  unha  cuestión  de  concepto
…Si  por  fin  decides  ir,   date  presa, o tempo  esgótase
....Alí  podes cambiar  de camisa, pero todas son  talla  grande
…Podenche regalar un traxe,  pero ninguén vaiche a xulgar por iso.
…¿Como puideches estar tanto tempo sen coñecelo?.
…Tes que velo. Así poderás criticar a gusto.

     Exposición comisariada por Encarna Lago.

                                           


   

  Ver video en YouTube



"ENTRE MARBELLA E TORREMOLINOS" no ZIGZAG da TVG

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/zigzag-diario-10-01-2012