O PILOTO



Formato: Documental
Duración: 78 minutos.
Guión e documentación:  Alfonso Eiré
Dirección e realización: Xosé Reigosa

Memoria histórica
O diario El Progreso contábao así: “Sobre la 11:30 horas del día de  ayer, al hacer frente a las fuerzas del puesto de Chantada, al mando del teniente jefe de la linea de la Guardia Civil de dicha residencia, don Alberto Díaz López, que le habían conminado a que se entregara, ha resultado muerto en las inmediaciones de salto de Belesar el tristemente célebre forajido José Castro Veiga, El Piloto, autor de numerosos asesinatos y atracos a mano armada, reclamado por varios juzgados. Se le ha ocupado una pistola ametralladora y otra calibre 9 milímetros largo y abundante munición para las armas” 

Ocorreu onde desauga o  regueiro do Facheiro, preto da igrexa románica de Pesqueiras.
Catro tiros de Mauser, disparados desde máis de 100 metros, dous na cabeza e dous no peito, acabaron con coa súa vida. Cóntase que primeiro lle dispararon e despois déronlle o alto. Se fose o revés, segundo se contaba no pobo, non houberan podido acabar con el. O forense certificou “morte por hemorraxia cerebral”.

José Castro Veiga, (o nome de guerrilleiro era “Luis”) naceu en Pedrafita, O Corgo o 11 de Febreiro de 1915. Loitou durante a Guerra Civil en defensa da República. Foi condenado a 30 anos, dos que cumpre catro. Pasa á clandestinidade. No ano 1945 ven a Galiza, toma contacto coa guerrilla antifranquista e bótase o monte.
Nos derradeiros tempos incluso o PCE retiroulle o apoio quedando desde entón totalmente só.

“Foraxido” foi un dos adxectivos máis suaves que lle foron dedicados.
A súa compañeira Ramona Curto “Mirelle” -falecida no ano 1991-, cando se botou o monte con él tiña 20 anos. Acompañouno durante todo o tempo ate a súa morte. Despois seguiu agochada en casas de amigos, ata a chegada da amnistía xeral.
Foi motivo de contos a carón da lume, durante moitos anos na zona sur de Lugo, aínda que a súa fama se extendeu por todo o noroeste peninsular.

Pero ¿que hai de certo,  de mentira ou de fantasía en toda a súa  historia?
“Era un “fuxido” que toureaba a Guardia Civil, que se ría dela e sempre escapaba. Sabía que morreran O Recaré, O Gazapo, O Largo, O Carolo, O Segura... Que tamén aparecían nos relatos. Pero O Piloto aínda estaba presente, e non só nos contos. O Piloto  non era un “fuxido” calquera. Era un xefe”, segundo palabras de  Alfonso Eiré.

O seu final foi un espectáculo. Hasta houbo coches de liña gratis para ir a velo ó cemiterio de San Fiz, onde estivo exposto o corpo do “guerrilleiro”, segundo relata Eire. Contábase incluso que o partiran en cachos. 

O Documental

O Piloto foi moito máis que o último guerrilleiro morto en combate. É unha lenda que, cincuenta anos despois da súa morte está presente no pobo. É preciso desentrañar o que hai de verídico e o que de construción social.
A súa fama, non ven por ser o último, senón pola súa personalidade, pois, consérvanse panfletos e notas á Radio Pirenaica dun ano antes da súa morte.
É preciso desentrañar tamén, as causas do grande apoio popular que lle permitiron sobrevivir tantos anos, aínda despois de perder todo o apoio político.
Este traballo desentraña todas estas cuestións, revelando documentos até de agora inéditos, testemuñas directas que nunca falaran e visións totalmente novidosas deste persoeiro.

O documental non só ten un interese historicista, senón que aínda hoxe existe unha forte demanda popular en todo Galiza sobre a loita antifranquista. Así que, este traballo insírese, claramente, na recuperación da memoria histórica.


A maioría da biografía existente ou é moi cativa ou non se adapta, plenamente, á realidade da personaxe e do seu contesto social e político.
O Piloto nin foi un bandoleiro, nin foi un escapado, nin andaba polo monte. Foi un político que, non tivo máis remedio que coller as armas para defender a legalidade republicana, primeiro e, logo aos máis necesitados, tratando de que os abusos e as inxustizas minguasen ou non se levasen a cabo en moitos casos.

Máis de 100 horas de gravacións. Máis de 30 testemuñas que conviviron con él entrevistadas. Relato dos protagonistas da súa delación e das principais accións. Testemuñas dos seus compañeiros que quedan aínda vivos.
Achegas dos principais historiadores sobre a loita antifranquista. Recreacións dos principais feitos nas paisaxes polas que se moveu.
O relato dunha vida, pero tamén dunha lenda.


Making of da rodaxe da recreación do seu asesinato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario